Saturday 18 de May de 2024

O Concello de Neda convida ao alumnado do IES Fernando Esquío a participar nun obradoiro de creación de podcast sobre música en galego


A actividade forma parte da programación municipal deseñada co gallo do Día do Orgullo Neofalante

O Concello de Neda, en colaboración co IES Fernando Esquío, levará a cabo o vindeiro mércores 4 de outubro un obradoiro de creación de podcast sobre música en galego para o alumnado de 1º da ESO. A actividade enmárcase na programación municipal deseñada co gallo do Día do Orgullo Neofalante, que oficialmente se celebra o 1 de outubro na honra ao nacemento de Andrés do Barro, unha figura central na difusión da lingua galega.

O taller, baixo o título “Somos un pobo de artistas”, ten por obxectivo promover o uso da lingua galega entre a mocidade, espertando a súa curiosidade e aprecio por esta. Nel, rapaces e rapazas terán a oportunidade de explorar a riqueza e diversidade da música galega contemporánea, e de crear un podcast para compartir as súas experiencias e aprendizaxes.

Esta acción conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.